Frear as fugas a Vox, obxectivo da oferta de pacto de Cs ao PP
O anuncio produciuse xusto despois de que o socialista José Luis Ábalos mostrase o seu visto e prace á posibilidade de que se formase un goberno entre PSOE e Cs.
A proposta do líder de Cs, Albert Rivera, ao do PP, Pablo Casado, de formar un goberno de coalición en España tras as eleccións xerais do 28 de abril protagonizou gran parte da actualidade política, pero que hai detrás desa oferta?
Rivera fixo o seu anuncio nun acto na Coruña
O anuncio produciuse xusto despois de que o socialista José Luis Ábalos mostrase o seu visto e prace á posibilidade de que se formase un goberno entre PSOE e Cs.
Tras as declaracións de Ábalos, estudos electorais internos sinalaron que unha parte dos votantes de Cidadáns íanse a Vox, e isto acendeu as alarmas no partido laranxa.
A estratexia de Rivera foi a de mostrarse aberto a pactar con Casado co argumento de que hai que botar a Pedro Sánchez porque o actual presidente do Goberno quere "liquidar" España xunto cos independentistas.
E cal foi a resposta do PP? Primeiro, defender que o voto útil é o que vai aos populares, e despois sinalar que por que non? Rivera sería un bo ministro de Exteriores.
Segundo fontes internas do partido, lou que pretenden uns e outros é frear que o electorado vaia a outros partidos e, segundo as enquisas, ese voto iría para a ultradereita capitaneada polo partido de Santiago Abascal.
Escribe o teu comentario