A primavera chega a Galicia con previsións de máis calor e seca do normal
En rolda de prensa, o delegado da Aemet en Galicia, Francisco Infante, avanzou que esta semana se manterá como nos últimos días, sen precipitacións e cun aumento gradual leve da temperatura. Para a semana próxima, precisou que é probable que se manteña a tendencia de tempo "máis seco e cálido do normal".
En rolda de prensa, o delegado da Aemet en Galicia, Francisco Infante, avanzou que esta semana se manterá como nos últimos días, sen precipitacións e cun aumento gradual leve da temperatura. Para a semana próxima, precisou que é probable que se manteña a tendencia de tempo "máis seco e cálido do normal".
Para o trimestre de abril, maio e xuño, a previsión é que haxa unha temperatura con valores superiores aos normais na época e cunha precipitación por baixo das normais nesta época do ano.
En canto ao inverno, foi "seco e moi cálido", sendo o sexto máis cálido desde 1981 e duodécimo máis seco desde ese ano. Así, no que se refire ás temperaturas, tanto decembro como febreiro resultaron meses "moi cálidos", mentres que xaneiro foi "frío", aínda que con valores próximos aos normais.
Isto trouxo un inverno cunha temperatura media para o conxunto de Galicia de 7.6 graos centígrados, situándose na fronteira de "entre cálido e moi cálido".
BASTANTE MENOS PRECIPITACIÓNS QUE O NORMAL
En canto ás precipitacións, decembro e febreiro foron meses "secos ou moi secos", cun mes de febreiro no que as cantidades acumuladas supuxeron "apenas un 40% dos valores medios", segundo o balance da Aemet en Galicia. Mentres, xaneiro resultou un mes "normal".
En marzo, mentres que no litoral atlántico ao sur de Fisterra e en zonas illadas do interior das catro provincias (montaña de Lugo e sur de Ourense), a media dos 13 primeiros días resultou inferior aos valores normais en canto a temperaturas, no resto, superou eses valores.
No que se refire ás precipitacións, as cantidades acumuladas superan na maior parte do territorio o 60% dos valores normais do mes. En canto ao balance do primeiro trimestre do ano, segundo a Aemet, foi "seco" cunha porcentaxe de precipitación para o conxunto de Galicia do 65% con respecto á media.
Escribe o teu comentario