Posible solución á folga de ambulancias
Despues de anos de protestas, varias semanas de folga, ducias de vehículos saboteados e polo menos dúas ambulancias queimadas; parece que hai un principio de acordo entre a patronal e os tres principais sindicatos, xusto cando estaba a piques de empezar a folga indefinida.
Despues de anos de protestas, varias semanas de folga, ducias de vehículos saboteados e polo menos dúas ambulancias queimadas; parece que hai un principio de acordo entre a patronal e os tres principais sindicatos, xusto cando estaba a piques de empezar a folga indefinida.
A Federación Galega de Empresarios das Ambulancias e os sindicatos --CIG, UXT e CC.OO.-- alcanzaron un preacordo para poñer fin ao conflito no sector das ambulancias.
O preacordo foi rubricado na tarde noite do pasado luns nunha ruenión mantida entre patronal e sindicatos na sede do Consello Galego de Relacións Laborais.
O principio de acordo, que establece a renovación do convenio laboral ata o ano 2022, deberá ser agora ratificado polas asembleas dos traballadores.
O novo convenio establece unha táboa de subidas salariais dun 4% a partir do próximo mes de novembro e incrementos do 3% en 2020 e do 2,5% e o 3% en xaneiro de 2021 e 2022, respectivamente.
Deste xeito, a folga quedou suspendida ata que os traballadores decidan se aceptan o novo convenio, que será sometido á opinión das asembleas das sete cidades, que se celebrarán na tarde noite deste mércores.
O preacordo foi rubricado na madrugada do martes tras unha ruenión mantida ao longo de máis de sete horas entre patronal e sindicatos na sede do Consello Galego de Relacións Laborais.
O principio de acordo, que establece a renovación do convenio laboral ata o ano 2022, deberá ser agora ratificado polas asembleas dos traballadores.
O novo convenio recolle unha táboa de subidas salariais de entre o 18 e o 20 por cento para os próximos anos. A primeira aplicarase na nómina do próximo mes de novembro e supoñerá un aumento do 4%, mentres que para o mesmo mes de 2020 está prevista unha subida do 3%. En xaneiro de 2021 e 2022 os salarios aumentarán un 2,5% e un 3%, respectivamente.
Ademais, as centrais e a patronal tamén acordaron un pago de regularización no próximo ano polo que os traballadores percibirán na nómina de novembro de 2020 un pago único de 500 euros brutos lineais para todas as categorías que non será consolidable.
Así mesmo, o novo convenio crea unha terceira paga extra coa mesma contía que as xa existentes. Esta será abonada por primeira vez en marzo de 2021 e quedará consolidada "con carácter non absorvible nin compensable", pagándose de novo en 2022.
VACACIÓNS
Os traballadores percibirán durante o período de vacacións a retribución correspondente "á media de todas as percepcións do ano anterior" en virtude da xurisprudencia comunitaria e do Tribunal Supremo.
Este cálculo, que implica que os empregados cobrarán en vacacións unha media do percibido ao longo do ano, comezará a aplicarse a partir dos períodos gozados no ano 2019, ben sexan anteriores ou posteriores á rúbrica deste novo convenio.
O novo convenio tamén inclúe cambios nos contratos en prácticas. Patronal e sindicatos comprométense a que o salario dos traballadores en prácticas sexa superior ao fixado no artigo relativo a contratos formativos do Estatuto dos Traballadores, así como á transformación en indefinidos dunha porcentaxe destes empregados.
SUSPENSIÓN DA FOLGA
Así as cousas, a folga convocada para este mércores 20 de marzo queda suspendida en virtude do preacordo asinado, que deberá agora ser ratificado polas asembleas dos traballadores.
Se o documento recibe o visto e prace dos empregados, a folga quedará desconvocada a partir do 21 de marzo unha vez asínese o texto íntegro do novo convenio do sector.
Así mesmo, as partes citáronse o vindeiro luns 25 de marzo para un novo encontro na sede do Consello Galego de Relacións Laborais para a firma do convenio definitivo sobre o transporte de persoas enfermas e accidentadas en ambulancia.
PATRONAL E SINDICATOS
Fontes da Federación Galega de Empresarios das Ambulancias consultadas por Europa Press valoran o preacordo alcanzado cos sindicatos e sinalan que o documento asinado é "moi parecido ao proposto pola patronal hai 15 días".
A patronal indica que "as melloras sociais foron o primeiro" punto do conflito "que se resolveu" e defenden que a intención dos empresarios sempre foi "tentar chegar a un acordo canto antes".
Pola súa banda, os sindicatos consideran que o acordo "é máis ou menos satisfactorio" e confían en que as asembleas dos traballadores apoien o documento subscrito.
Unha vez liquidado o conflito no relativo a salarios e retribucións e en caso de recibir o visto e prace das asembleas --que se reunirán na tarde noite do luns--, sindicatos e patronal volverían sentar para desenvolver o resto de puntos do convenio do sector para os próximos anos.
Escribe o teu comentario