Queiman unha ambulancia e explotan bombonas de osíxeno (vídeo)
Os veciños da Cañiza viron sobresaltado o seu soño esta madrugada por varias explosións. Procedían presuntamente das bombonas de osíxeno que había dentro dunha ambulancia ardendo.
Os veciños da Cañiza viron sobresaltado o seu soño esta madrugada por varias explosións. Procedían presuntamente das bombonas de osíxeno que había dentro dunha ambulancia ardendo.
Restos da ambulancia queimada | CRTVG
É o terceiro vehículo de transporte sanitario que arde desde que empezou a folga no sector. Ademais, centos de ambulancias levan semanas aparecendo coas rodas picadas e, ás veces, pintadas a favor do paro. A CRTVG cita a "varias testemuñas" que aseguran que un coche achegouse á ambulancia para lanzar un "artefacto".
O lume provocou danos materiais en casas próximas, xa que a ambulancia estaba aparcada en zona urbana. Non hai danos persoais e a Garda Civil investiga o sucedido.
A folga no sector, ata agora intermitente, será pronto indefinida se non se cosen as negociacións, rotas o pasado xogo cando parecía que podería haber unha aproximación.
POR QUE HAI FOLGA DE AMBULANCIAS?
A raíz do conflito son os recortes na Xunta. A Fundación 061 baixou as licitacións para o transporte sanitario, as concesionarias -tamén empuxadas pola entrada do xigante do sector ligado ao PP Ambuibérica- lanzáronse a unha guerra de ofertas á baixa e o resultado é que din que agora non lles é rendible prestar o servizo, de feito ameazan con deixar de traballar para a Administración. De paso, os traballadores levan anos co convenio conxelado, cuxa renovación esixen con estas mobilizacións.
🔴 A Cañiza. Incendio dunha ambulancia esta madrugada. A deflagración causou dános nos edificios dá zona. Contámolo na @RadioGalega e https://t.co/hLvdin2cWj pic.twitter.com/slvSwgNL1f
— Galicia por Diante (@GxDRadioGalega) 12 de marzo de 2019
Escribe o teu comentario