1.057 días de espera nos xulgados do social

O colapso no sistema xudicial galego chegou ata tal punto que as citacións para celebrar os xuízos superan os tres anos de espera. Unha queixa dun letrado galego convértese en viral.


|

O colapso no sistema xudicial galego chegou ata tal punto que as citacións para celebrar os xuízos superan os tres anos de espera.


Juzgadosjusticia

O tempo de espera nos xulgados galegos rolda os tres anos


O sistema xudicial de Galicia non pode asumir a carga de traballo que ten atrasada. Os xulgados seguen carrexando os males provocados polo parón da folga de funcionarios de xustiza de 2018, que deixou ata 17.000 actos xudiciais bloqueados. Mala dotación, pouco persoal, atrasos, xuízos que se suspenden de forma progresiva…moitos son os males que azoutan á Xustiza galega, o que levou a situacións como a que denuncia en redes sociais Pedro Ortega Ludeña, graduado en dereito.



Á raíz da queixa do avogado, varios usuarios publicaron outras capturas de citacións xudiciais, tamén con larguísimos prazos de espera.





Neste caso, o avogado expón o caso dun afectado cuxa comparecencia das partes implicadas nun xuízo está fixada para o día 8 de febreiro, ás 10:10 horas, de 2022. Para entón, Trump xa esgotaría a súa lexislatura na Casa Branca e talvez non siga á fronte do goberno de Estados Unidos, as persoas nadas en 2004 xa poderán conducir e as seleccións de medio mundo estarán a loitar por lograr un pase para o Mundial de Qatar dese ano. Así, as persoas citadas haberán esperado 1.057 días ata a celebración do xuízo.


COLAPSO

Os atrasos en xurisdición social non son algo novo. De feito, é unha das queixas máis recorridas por parte dos letrados do sistema xudicial galego, que ven como as causas eternízanse, coas consecuencias que ten para as partes implicadas.


O colapso está causado en gran medida, aínda que non na súa totalidade, polo parón na Xustiza de 2018. Os tres meses de folga deixaron moitos procesos parados e causas pendentes. Isto obrigou á Xunta e aos organismos implicados a elaborar un plan de recuperación para desatascar os asuntos acumulados durante o parón. Con todo, unha vez finalizada a segunda fase do plan, estúdase a posibilidade de activar unha terceira fase, en vistas de que a situación de colapso mantense no tempo.


Para tentar normalizar a situación, aumentouse a carga de traballo pola tarde, os funcionarios de xustiza realizaron preto de 60.000 horas extra e aceleráronse os procedementos de notificación e rexistro para axilizar a saída do traballo acumulado. Con todo, e a pesar dos esforzos, os resultados non foron todo o bos como cabía esperar, polo que aínda se arrastran atrasos en xustiza.


Outro aspecto para ter en conta é a falta de máis Xulgados do Social, outra das reivindicacións dos xuristas. Este é o caso de cidades como Lugo, que a pesar de contar co beneplácito da Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a construción dun novo espazo, foi o propio Ministerio de Xustiza o que tombou a proposta, deixando no aire miles de causas que esperan ser resoltas.


Agora parece que o ministerio deu marcha atrás na súa decisión e todo parece indicar que autorizará a construción do xulgado lucense, ademais dun novo en Santiago de Compostela. A cuestión agora coas causas sen resolver non é tanto o cando, senón se finalmente a xustiza chegará, como moitos temen, demasiado tarde. 



Prazo de espera xulgado dos social



relacionada Unión en Santiago e Lugo contra a negativa de crear máis xulgados do Social

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE