CESM condena as sabotaxes ás ambulancias por “prexudicar aos pacientes”
A Confederación Española de Sindicatos Médicos respecta “o dereito aos traballadores para manifestarse” pero recalca a súa “rotunda condena” aos actos vandálicos.
A Confederación Española de Sindicatos Médicos respecta “o dereito aos traballadores para manifestarse” pero recalca a súa “rotunda condena” aos actos vandálicos.

“A Delegación da Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia manifesta o seu máis rotunda condena aos actos vandálicos que se están provocando nos vehículos do Servizo do 061”, anuncia a nota do CESM. Isto débese a que o sindicato considera que as sabotaxes ás ambulancias “prexudican directamente aos pacientes que necesitan ser trasladados”.
O organismo sindical sinala que “as sabotaxes, incendios e explosións podían producir danos persoais”, facendo mención a o incidente na Cañiza desta mesma semana.
O propio CESM recalca que a folga é do persoal técnico do transporte sanitario “non afecta o persoal médico e de enfermería lle 061”. “O Sindicato Médico respecta plenamente o dereito dos traballadores para manifestarse e reivindicar cantas melloras consideren oportuno para o desempeño das súas funcións no seu posto de traballo”, reza a nota, aínda que critica “os actos vandálicos que se practican como picadas de pneumáticos, pintadas nos vehículos, rotura de cristais e mesmo queimando ambulancias”.

“CESM fai un chamamento aos técnicos de transporte sanitario para que exerzan o seu dereito á folga para defender os seus intereses, pero sen que eses dereitos afecten negativamente os pacientes, e emprázalles a que, na medida do posible, retomen a vía do diálogo e a negociación para alcanzar os seus obxectivos”, sentencia o comunicado.
Queiman unha ambulancia e explotan bombonas de osíxeno (vídeo)
Escribe o teu comentario