‘Playa Club Coruña’ acusada de “racismo” por non deixar entrar a un mozo ao local
A explicación que deron ao mozo, con raíces africanas, é que non podía acceder ao local pola “nova normativa de acceso da nova dirección”.
A explicación que deron ao mozo, con raíces africanas, é que non podía acceder ao local pola “nova normativa de acceso da nova dirección”.
Fachada do 'Playa Club Coruña'
Un mozo coruñés quedou sen poder entrar na noite do sábado ao local ‘Playa Club Coruña’ xunto aos seus amigos. O motivo, segundo explica o mozo, é a súa cor de pel. O raparigo, de raíces africanas pero residente en Galicia desde neno, non puido acceder ao recinto a diferenza do resto dos seus compañeiros, aos que os porteiros da discoteca si permitiron o acceso. Os motivos polos que o seu amigo quedaba na porta atendían á “nova normativa de acceso da nova dirección”.
Así o recolle o boletín informativo de Radio Nacional de España e denúnciao en Twitter Jorge Espada, pai da vítima. En redes, o pai do raparigo esixiu explicacións ao club para saber se realmente os feitos foron os narrados polo seu fillo e, de ser así, tramitar a denuncia pertinente por este claro caso de racismo.
Do mesmo xeito, o pai explicou que, ante a situación que estaba a vivir o seu fillo, os seus acompañantes negáronse a entrar ao local e avisaron ás autoridades.
Á súa vez, ‘SOS Racismo Galicia’ lembra que, de confirmarse os feitos, constituirían un delito recolleito no artigo 512 do Código penal. A mensaxe de Jorge Espada tivo unha gran acollida en redes sociais e moitos perfís xa se adheriron á denuncia do proxenitor, que segue esperando explicacións por parte do local.
Polo momento, ‘Playa Club Coruña’ non emitiu ningún tipo de comunicado respecto diso.
Escribe o teu comentario