A dirección de Anova di que o achegamento ourensán a En Marea “carece de lexitimidade”

A cúpula de Anova afirma que o movemento da organización nacionalista en Ourense “fíxose á marxe das normas da organización”.


|

A cúpula de Anova afirma que o movemento da organización nacionalista en Ourense “fíxose á marxe das normas da organización”.


Beirasanova


A dirección xeral de Anova emitiu un comunicado no que informa que o achegamento dos membros da organización nacionalista en Ourense “carece de lexitimidade”. “Fíxose á marxe das normas da organización e marxinando a militantes que non foron convocados na localidade”.


Desde Anova advirten que un grupo de militantes de Ourense informou de que “non todas as persoas afiliadas son convocadas ás reunións”, o que motiva que “dificilmente podemos aceptar que a opinión trasladada aos medios é a do conxunto maioritario da nosa militancia nesa localidade”.


A organización apóiase nos seus estatutos e que as decisións dese caldo tómanse de forma democrática. “Este non é o caso da autodenominada Anova-Ourense”, sinala a nota.


“Decisións como as de romper Ourense en Común pactando con outros sectores unha nova plataforma electoral ou as de presentarse nas primarias de En Marea son contrarias ás decisións estratéxicas de Anova e tampouco tiveron o aval da Asemblea local de Ourense”, sentencia o dirección, acusando á división ourensá de tentar romper o proxecto. 

relacionada Risco de ruptura en ANOVA ao irse a organización de Ourense con En Marea

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE