Un tren arroia a unha persoa causándolle a morte
Un home faleceu na madrugada deste martes tras ser arroiado por un tren á altura da Avenida Infanta Elena Duquesa, da cidade de Lugo.
A vía do tren desde a Avenida Infanta Elena de Lugo
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor da medianoite deste martes a través do servizo de seguridade do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), que informou de que unha persoa fora alcanzada por un convoi na entrada de Lugo.
O CONVOI RETOMA O SERVIZO
O tren, que facía a ruta entre A Coruña e Madrid, levaba tres persoas, que puideron continuar o camiño cara aos seus destinos tras restablecerse a circulación férrea ao redor das 1,00 horas da madrugada.
Desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios, Policía Nacional e Policía Local. Ademais, foron informador tamén os Bombeiros de Lugo e voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.
Escribe o teu comentario