O risco de derrube encarece en 10 millóns a nova Cidade da Xustiza

O mal estado dos edificios anexos ao complexo hospitalario obriga a tirar as infraestruturas afectadas e construír desde cero.


|

O mal estado dos edificios anexos ao complexo hospitalario obriga a tirar as infraestruturas afectadas e construír desde cero.


Obras cidade da jusiticia

Alberto Núñez Feijóo, nunha visita ás obras da nova Cidade da Xustiza


O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou o aumento no custo das obras para converter o antigo Hospital Xeral de Vigo na nova Cidade da Xustiza. En concreto, Rueda cifrou en 10 millóns de euros o custo a maiores das obras, que sumado aos 800.000 investidos na retirada de amianto e outros investimentos, supón que o gasto na reforma ascende ata os 40 millóns de euros, 12 máis do previsto nun primeiro momento.


DERRUBAR E VOLVER A CONSTRUÍR

Esta subida débese ao mal estado dos edificios anexos á torre do antigo complexo hospitalario, onde se aprecia que presentan estruturas metálicas deficientes e forxados sen capa de compresión, o que pon en serio risco a integridade do edificio.


O arquitecto ao cargo do proxecto recalcou que calquera intento de reforma da infraestrutura afectada é “máis arriscado” que derrubala e volver construíla. Ademais, as novas obras provocarán que os traballos se amplíen durante un ano máis, ata o verán de 2020.


TRÁMITES INICIADOS

A pesar deste novo inconveniente, tanto o arquitecto, Alfonso Penela, como Alfonso Rueda, descartaron máis problemas desas dimensións, aínda que o vicepresidente galego lembrou que estaban advertidos de que esta clase de trabas na operación podían chegar a darse. Do mesmo xeito, Rueda anunciou que os trámites municipais que se teñen que levar a cabo para iniciar as novas obras xa están en proceso e que esta semana se presentará ante o Consello da Xunta, tendo en conta que xa conta co visto e prace do Consello Consultivo.


Hai que facer algunha tramitación municipal, pero ao tratarse dun problema totalmente xustificado non teremos problema na súa aprobación”, explicou Alfonso Rueda. Na mesma liña, asegurou que a Xunta está traballado de forma conxunta coa Universidade de Vigo para ver se a UVi pode facer uso das instalacións. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE