‘Celadores, un labor silencioso’, unha homenaxe para poñer en valor á profesión

Vigo acollerá unha cea solidaria para recoñecer o labor destes profesionais sanitarios. Tamén se poderá apadriñar un celador.


|

Vigo acollerá unha cea solidaria para recoñecer o labor destes profesionais sanitarios. Tamén se podra apadriñar un celador.



Celador hospital corredor

Os celadores desempeñan un labor vital dentro da sanidade


Os celadores son un dos colectivos menos visibilizados dentro dos profesionais médicos. Só na cidade de Vigo, son máis de 700 os que desempeñan un labor vital na sombra, acompañando aos pacientes e sendo un dos mecanismos que serven de apoio durante o proceso de recuperación e convalecencia. Por iso, na cidade olívica celebrarase a iniciativa ‘Celadores, un labor silencioso’ para “poñer en valor este colectivo que realiza un labor humano e moi significativa durante a estancia dos pacientes e as súas familias ao longo da súa estancia nos centros sanitarios”.


O evento, organizado pola coach Carolina Juárez Montáns, que xa participou en diversos proxectos sociais e culturais como A Illa Interior’ ou ‘Medo e autoestima nas túas mans’, terá lugar o próximo 22 de marzo no Hotel NH Collection de Vigo. Tratarase dunha cea solidaria, de 30 euros o cuberto e á que se espera que acudan ao redor de 200 celadores, aínda que desde a organización esperan que esa cifra suba.


Nela preténdese recoñecer o labor e a dedicación dos celadores, sen facer distincións sobre o labor que desempeñan na área á que pertencen. “É un colectivo que realiza tarefas simples pero imprescindibles”, expón a nota dos organizadores.


APADRIÑA UN CELADOR

No evento poñerase en marcha a iniciativa ‘Apadriña un celador’, “unha oportunidade para que os usuarios dos nosos centros sanitarios poidan expresar o seu agradecemento a estes profesionais”, comentan desde a organización. Desde a mesma fan un chamamento a “todas aquelas persoas que queiran sumarse a este recoñecemento e colaborar coa súa presenza”, citando a participación de “institucións públicas ou privadas, empresas e outras asociacións da cidade”.


Ademais, no acto tamén se recoñecerá o labor de organizacións como a Asociación de Mulleres Afectadas polo Cancro de Mama (ADICAM) e fomentarase “a colaboración, a través do recoñecemento, de institucións privadas e públicas e de empresas relacionadas co sector sanitario”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE