O incendio sen control en Padrenda queima unhas 80 hectáreas
O incendio forestal sen control, que entrou por Portugal na mañá deste mércores ao municipio ourensán de Padrenda, queimou xa unhas 80 hectáreas de terreo.
O incendio forestal sen control, que entrou por Portugal na mañá deste mércores ao municipio ourensán de Padrenda, queimou xa unhas 80 hectáreas de terreo.
Incendio de Padrenda / Foto: @emerxenciasou
Así o informou a Consellería do Medio Rural en relación ás últimas estimacións que sitúan a superficie afectada nunhas 80 hectáreas. O lume entrou por Portugal ás 6,55 horas deste mércores e localízase na parroquia de San Pedro dá Torre.
No control deste incendio traballan tres axentes, dúas brigadas, unha motobomba, un técnico e un helicóptero. Ademais dos medios terrestres, Medio Rural indicou que actúan na zona dous helicópteros e incorpórase un avión.
Escribe o teu comentario