Os traballadores sociais tamén critican a reforma de Atención Primaria proposta polo SERGAS
Un plan "superficial", sen medidas concretas e que unicamente busca acabar coa onda de protestas que vive o SERGAS. Así valora o Colexio Oficial de Traballo Social o borrador do novo modelo de Atención Primaria .
Do mesmo xeito que todos os colexios de médicos de Galicia, o colexio dos traballadores sociais alertan que o plan de la Xuntasó busca acabar coas protestas
Un plan "superficial", sen medidas concretas e que unicamente busca acabar coa onda de protestas que vive o SERGAS. Así valora o Colexio Oficial de Traballo Social o borrador do novo modelo de Atención Primaria .
![O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, na presentación do Plan d](/multimedia/images/2249092.jpg)
Presentación do Plan de Atención Primaria na Xunta
PRÉSA DO GOBERNO
Desde esta institución, admítese que houbo diálogo iniciamente pero que despois a Consellería de Sanidade pechou as negociacións a fume de carozo "sen tempo suficiente para desenvolver unha redacción proveitosa e profesional". Ademais, cren que "non afonda nun reforzo real da Atención Primaria, se non que é máis ben unha cuestión de maquillaxe".
Sobre o labor dos traballadores sociais, afirman que "vai en prexuízo, de novo, da cidadanía usuaria do servizo". "O modelo nos invisibiliza como profesionais", denuncian.
PRAZAS PARA ESTE COLECTIVO
Desde o Colexio de Traballo Social, que reivindican "a importancia do traballo en equipos multidisciplinares para dar resposta á complexidade sanitaria actual", afirman que o modelo recolle "a creación de diversas prazas, pero non de traballo social".
Isto, segundo engaden, afecta non só aos profesionais e pacientes, senón tamén ás familias "porque a función do traballador social sanitario tamén é apoialos e orientalos".
Por outra banda, reclaman "a creación de estruturas adecuadas para que o traballo social estea a representar na estrutura da Consellería, cunhas xefaturas de servizo que lle dean forma á axenda do traballo social sanitario". "E para iso teñen que estar situadas nunha área asistencial, traballando coas direccións médicas e de enfermería, ao mesmo nivel".
Na mesma liña, sosteñen que a figura do traballador social na Atención Primaria é "tan imprescindible para a comunidade que as cuestións ao redor do seu papel e as súas áreas de competencia deben quedar totalmente claras", indican. Por iso, anuncian a presentación dunha batería de emendas ao texto.
Noutra orde de cousas, o Colexio, piden ao Ministerio de Sanidade a "aprobación" dunha carteira de servizos do traballador social sanitario, que o colectivo ten xa "elaborada", lembran.
Escribe o teu comentario