O PSOE gañaría un escano á conta do PP en Galicia, segun unha enquisa

A perda de 61 escanos por parte do PP e a baixada de Podemos dificultaría pactos de esquerdas ou dereitas que alcanzasen maioría absoluta. En Galicia, os datos da enquisa de Sondaxe deixarían un escenario levemente diferente ao actual. 


|

Gonzalo Caballero e Pedro Sánchez


A perda de 61 escanos por parte do PP e a baixada de Podemos dificultaría pactos de esquerdas ou dereitas que alcanzasen maioría absoluta


As eleccións xerais do 28 de abril deixarán un escenario de "bloqueo" parlamentario, ante a imposibilidade de que as forzas de esquerdas e dereitas sumasen apoios suficientes para alcanzar a maioría absoluta, debido á subida de Vox e o esborralle do PP, e a un PSOE que non rendibilizaría o seu crecemento debido á caída de Unidos Podemos.


Así o recolle a enquisa de Sondaxe, encargada por La Voz de Galicia, que estima que os tres partidos de centro a extrema dereita quedarían lonxe da maioría absoluta.


Sondaxe prevé unha espectacular irrupción de Vox, que alcanzaría ata 51 escanos e converteríase en terceira forza, á conta da caída do PP, que perdería 61 escanos e pasaría dos 137 de 2016 a 76 . Cidadáns rexistraría unha leve subida, pero tan só pasaría de 32 escanos a 40.


Pero no outro extremo, a esquerda tamén se situaría moi lonxe da cifra de 176 escanos necesarios para a maioría absoluta. Segundo Sondaxe, o PSOE rendibilizaría o paso de Pedro Sánchez polo Goberno, ao sumar 31 actas máis e alcanzar as 116.


Pero Unidos Podemos e as súas confluencias sufriría unha importante caída, que lle levaría a baixar dos 71 deputados actuais a 39, o que non permitiría establecer goberno a Pedro Sánchez con Igrexas.


O posible pacto neste ámbito viraría ao redor dos partidos independentistas e a forzas nacionalistas. Sondaxe prevé que PNV alcance 6 escanos, Bildu 2 e ERC 14, co que sumados a Unidos Podemos (26), Comú Podem (6) e Compromís (4), sumarían 177.


EN GALICIA, O PP PIEDE CEDE UN ESCANO AO PSOE, BAIXA EN MAREA E APARECE CS

En Galicia, os datos da enquisa de Sondaxe deixarían un escenario levemente diferente ao actual. O PP cedería un escano, pasando de 12 a 11 que, en cambio, sumaría o Partido Socialista, que alcanzaría os 7.


En canto a En Marea, baixaría dos 5 actuais a 3 e irrompería Cidadáns, obtendo 2 representantes. A formación laranxa obtería por primeira vez representación en Galicia, con deputados pola Coruña e Lugo.


O PSOE sumaría un deputado máis grazas á mellora de resultados na provincia da Coruña, a costa, precisamente, da baixada do PP. Un descenso dos populares que tamén lles levaría a perder un representante na provincia de Ourense pero a gañar un --de 3 a 4-- en Pontevedra.


Conforme aos datos da enquisa encargada por La Voz de Galicia, o BNG e Vox crecerían en intención de voto pero non obterían representación por Galicia. O partido de Santiago Abascal conseguiría un 2% dos votos --fai tres anos quedou no 0,1%--, pero sen que puidese alcanzar representación. Con todo, o seu apoio en Lugo alcanzaría o 9,4%, aínda que tamén insuficiente.


O BNG, pola súa banda, experimentaría unha importante subida, pasando do 2,9% de voto directo de 2016 a unha estimación do 6,2%, pero que tampouco lle permitiría obter representación.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE