Zara envolta en polémica en China por usar unha modelo con pencas

O grupo galego Inditex está envolvido nunha polémica nun dos maiores mercados do mundo, China. Todo por utilizar a unha modelo de trazos asiáticos, pero con pencas, o que non cadra cos estándares de beleza dese país.


|


O grupo galego Inditex está envolvido nunha polémica nun dos maiores mercados do mundo, China. Todo por utilizar a unha modelo de trazos asiáticos, pero con pencas, o que non cadra cos estándares de beleza dese país.



Modelo chinesa pencas zara

Imaxe promocional da modelo usada por Zara en China para publicitar pintalabios



Ao publicar fotos da famosa Li Jingwen para promocionar as súas pintalabios de Zara na rede Weibo, moitos internatuas criticaron o que ven como unha desconsideración á súa cultura. De feito, o hastag "un insulto para China" chegou a ser un dos máis utilizados nas redes sociais naquel Estado.


“Síntoo, pero as mulleres de Asia non temos pencas, e se é así, é unha porcentaxe moi pequena… Tédesvos que esforzar moito para atopar unha modelo que as teña” , é unha das críticas que recibiu a marca de Amancio Ortega nas redes.


ARTEIXO REACCIONA

Consciente da importancia da súa imaxe no xigante asiático, Inditex respondeu uns días máis tarde alegando que foron as oficinas centrais en Arteixo as que elixiron a imaxe, destinada para todo o globo e non só para China. Ademais, engadiron, que non pretendían molestar a ninguén.


A polémica chegou á prensa de todo o mundo, ocupando espazo en medios como The New York Times. A prensa local, incluído o xornal do Partido Comunista, China Daily tamén se fixeron eco da controversia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE