Borracho e facendo eses en patinete eléctrico polo centro da cidade
Un mozo deberá abonar unha sanción de 1.000 euros tras ser sorprendido pola Policía Local de Pontevedra mentres circulaba cun patinete eléctrico en estado de embriaguez.
Pódenlle caer ata 1.000 euros de sanción ao triplicar a taxa de alcoholemia regrada para estes vehículos
Un mozo deberá abonar unha sanción de 1.000 euros tras ser sorprendido pola Policía Local de Pontevedra mentres circulaba cun patinete eléctrico en estado de embriaguez.
Patinete eléctrico / Ben Larcey urbanwheel.co
Os feitos sucederon na tarde do luns, cando varias persoas alertaron á Policía Local de que un mozo circulaba de forma "errática" polas rúas de Pontevedra montado nun patinete eléctrico.
Os axentes deron alto ao home nunha zona peonil da rúa Curros Enríquez e, tras observar síntomas de embriaguez, sometérono ás probas de alcoholemia, que arroxaron un resultado que triplica a taxa permitida, o que implica unha sanción de 1.000 euros.
Escribe o teu comentario