​Sánchez busca colocar aos ministros en primeiros postos das listas do PSOE

Goberne ou non o PSOE tras o 28A, os actuais ministros terían o seu futuro inmediato a salvo ao lograr unha acta no Congreso dos Deputados.


|

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quere salvagardar o futuro dos seus ministros e, se eles queren, entrarán nas listas socialistas para as eleccións do 28 de abril para ser deputados no Congreso.


Ministros pedro sánchez consello de ministros 08062018


Sánchez prevé aprobar o 17 de marzo as candidaturas do 28A e do 26 de maio. O 25 de marzo teñen que estar presentadas todas as candidaturas a Congreso e Senado, para as que o presidente quere presentar unhas listas renovadas.


É pronto para coñecer aos integrantes das candidaturas, pero polo momento sábese que Sánchez protexerá o futuro dos seus ministros e, se estes queren, continuarán a súa carreira política como deputados.


Na actualidade, ningún dos membros do executivo está no Congreso, incluído Pedro Sánchez, que deixou a súa acta en outubro de 2016.


Tamén se sabe que o presidente busca unha renovación ao completo e formar así ao seu propio equipo.


As novas listas deberían estar listas entre o 1 e o 17 de marzo para que as estude a comisión federal de listas do partido, encabezada polo secretario de Organización e ministro de Fomento, José Luis Ábalos.


MINISTROS


As listas finais ratificaranse o 17 de marzo. É probable que estean nelas Ábalos por Valencia; Meritxell Batet, ministra de Política Territorial, por Barcelona; Magdalena Valerio, titular de Traballo, por Gualadajara; María Jesús Montero (Facenda) por Sevilla e a vicepresidenta Carmen Calvo por Córdoba como número uno ou por Madrid como número dous.


A portavoz do Goberno e ministra de Educación, Isabel Celaá, iría a unha das tres candidaturas vascas; José Guirao (Cultura) encabezaría Almería, Luís Planas (Agricultura) concorrería en Córdoba ou nas listas europeas, Luisa Carcedo (Sanidade) estaría en Asturias.


Especúlase que o titular de Interior, Fernando Grande-Marlaska, substitúa a Antonio Hernando como número tres en Madrid, e Reyes Maroto (Industria) iría tamén por Madrid ou por Valladolid. Margarita Robles(Defensa) tamén podería estar entre os primeiros postos da lista de Madrid, o mesmo que DoloresDelgado (Xustiza), Pedro Duque (Ciencia) e Teresa Rivera (Transición Ecolóxica). 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE