(VÍDEO) O Celta cae e con el pode caer Cardoso
A derrota da escuadra celeste por 1-4 ante un rival directo como o Levante pode dar pé á destitución do técnico luso.
A derrota da escuadra celeste por 1-4 ante un rival directo como o Levante pode dar pé á destitución do técnico luso.
Doce partidos; dez puntos de 36 posibles, só un por encima dos postos de descenso. Os fríos datos son os que son, e ao Celta de Vigo xa non lle saen as contas. Un novo tropezo en casa, acompañado dunha goleada por 1-4 ante o Levante, un rival directo na loita pola salvación, pode ser o último servizo como celeste dun Miguel Cardoso que cada vez conta con menos crédito en Vigo. O mal ritmo do equipo, sumado ás tensións extradeportivas que esta semana enfrontaron a Mouriño con parte da bancada, deixan á entidade olívica nun canellón sen saída.
O partido foi un desastre de principio a fin, empezando pola formulación. Sen Maxi e con Iago Aspas a medio gas, o Cardoso preferiu inventar un once sen un nove definido e onde Boufal, Boudebouz e Brais estaban totalmente perdidos en ataque, no canto de probar a Aspas, que non xogou un só minuto. Así, no primeiro cuarto de hora só un marabilloso escintileo do marroquí inquietou a meta de Aitor.
Despois diso, chegou o desastre. Rochina atopou a Morais, que entrou polo centro talmente libre de marca e superou a Rubén Branco sen dificultade. Era o minuto 20 e o Celta se esfumó do partido. Puido ampliar vantaxe Simon á media hora, pero o gardameta do Celta evitouno cunha soberbia parada. Dez minutos despois xa non puido evitar o 0-2, cando Coke rematou totalmente só no segundo pau un córner mal defendido pola zaga celtiña.
O segundo tempo foi unha catástrofe desde o minuto uno, cando Boudebouz, debutante, correu a mesma sorte que Hoedt o día da súa estrea, e foise aos vestiarios antes de tempo por unha temeraria entrada. Quedaba todo o segundo tempo por diante e o Celta viuse dous goles por baixo e cun menos. Mal negocio.
Morais puxo máis terra polo medio á hora de xogo, nunha xogada calcada ao do primeiro gol. O Celta só meteuse realmente no partido nos minutos finais, cando a vergoña toureira e un Levante que non quixo facer máis sangue deixáronlle chegar un pouquiño á área granota. Brais Méndez reduciu distancias desde os once metos no 88, pero Mayoral respondeu na seguinte xogada co 1-4 que pechaba a conta e quen sabe se a etapa de Cardoso en Balaidos.
Escribe o teu comentario