O plan do Supremo para que as xerais “non se coman” o xuízo
O Tribunal Supremo valora habilitar sesións os venres, sábados e domingos e convocar ata 50 testemuñas nun mesmo día.
O Tribunal Supremo valora habilitar sesións os venres, sábados e domingos e convocar ata 50 testemuñas nun mesmo día.
A intención do TS é ter o xuízo rematado o día 12 de abril, primeiro día da campaña para as eleccións do 28.
Aínda que o xuízo produce unha certa inquietude nalgúns sectores, fontes xurídicas saíron ao paso para negar que a campaña electoral e os comicios poidan ser un motivo de suspensión do proceso.
Con todo, as présas por acelerar o proceso xudicial enfróntase a varios factores, algúns deles insalvables ou que poden entorpecer o correcto exercicio xurídico. O principal escollo é o altísimo número de testemuñas que as dúas partes chamaron para o xuízo, polo que hai moi pouca marxe para poder contar coas declaracións de todos os chamados antes do 12 de abril.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario