Tras convocar unha folga traballadores de Froiz logran melloras
A folga prevista no almacén central de Froiz en Poio non será necesaria. A asemblea de traballadores votou aceptar o acordo arrincado á empresa polo cal melloran os seus descansos semanais.
A folga prevista no almacén central de Froiz en Poio non será necesaria. A asemblea de traballadores votou aceptar o acordo arrincado á empresa polo cal melloran os seus descansos semanais.
Asemblea esta mañá diante da sede de Froiz en Poio |CIG
Segundo informa o sindicato CIG, os asalariados ratificaron o preacordo logrado entre os seus representantes e a empresa durante unha asemblea hoxe a as sete da mañá. A folga indefinida, que empezaría este xoves, queda desconvocada.
A central nacionalista asegura que Distribucións Froiz só deu marcha atrás cando tiña unha convocatoria de paro sobre a mesa. A empresa pretendía, segundo o sindicato, cambiar as condicións de traballo, impoñendo horarios diferentes a diferentes grupos, o que prexudicaba a conciliación familiar. A compañía non publicou por agora ningunha valoración sobre o acordo.
Escribe o teu comentario