Os PACs consideran “insuficiente” a nova proposta do SERGAS

O conxunto dos Puntos de Atención Continuada de Galicia rexeitou a proposta por non atender a todas as demandas.


|

O conxunto dos Puntos de Atención Continuada de Galicia rexeitou a proposta por non atender a todas as demandas.


PACs

Protesta dos PACs en pé de Guerra


O conxunto dos PACs galegos, despois de estudar detidamente a proposta presentada polo comité de folga, considera que a mesma é “do todo insuficiente”. “Dos once puntos solicitados soamente trátanse cinco, e deses cinco, en canto ao cómputo de xornada, segue sen ser garantía a neutralidade en todos os permisos, só se parchean os de 3 a 5 días”, lamentan os PACs, quen reitera que é unha demanda na que non poden ceder. “Dixemos por activa e por pasiva que non queremos aplicativos que nos aproximen, senón a neutralidade en igualdade de condicións ao resto dos traballadores, tal como acordouse no Pacto do 2008 seguindo as directrices da legalidade vixente”, informa o comunicado.


Do mesmo xeito, os PACs tamén aseguran que na proposta “nin fálase nin se establecen prazos para implementar equipos completos nin para revisión das necesidades de persoal de cada centro”. “Xa nos parece unha falta de respecto que non estea concedido o 20% dos nosos complementos de festividade nocturnidade, que lle lembramos non é unha mellora salarial, senón un dereito adquirido pola penosidad do traballo que nos foi conxelado desde o 2010”, aseguran nun dos puntos da nota.


Sorpréndenos, que tras un ano sen intención de buscar solucións, de súpeto ao SERGAS éntrelle a présa por pechar a nosa negociación nunha mesa sectorial, non pechar un acordo co comité de folga onde están presentes os traballadores”, critican os PACs, que emprazan ao goberno galego “ a que se volva a sentar cos traballadores, pois non estamos a reclamar nada que non nos corresponda por estar a acordado, ou que sexa o seu deber como empleador levar a cabo conforme esíxelles a lei, como é o caso da prevención de riscos laborais”.


A próxima reunión da mesa sindical celebrarase o próximo mércores 13 de febreiro e os PACs piden aos sindicatos que a integran a “manter o seu compromiso de informar e acatar as decisións da asemblea antes de asinar calquera acordo”


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE