Detido o ancián "raiacoches", acusado de danar centos de vehículos

A Policía Local de Vigo detivo este xoves ao veciño octoxenario que foi denunciado en reiteradas ocasións por raiar automóbiles e danar as fechaduras de vehículos e portais nesta cidade mediante a introdución de escarvadentes de madeira.

|

A Policía Local de Vigo detivo este xoves ao veciño octoxenario que foi denunciado en reiteradas ocasións por raiar automóbiles e danar as fechaduras de vehículos e portais nesta cidade mediante a introdución de escarvadentes de madeira.


O cansanzo dos seus veciños é de tal calibre que chegaron a colocar carteis na rúa co seu retrato, animando a estar vixiantes e chamar á Policía. Algúns cidadáns aseguraron que ten amedrentado ao seu barrio.



Rua canario vigo

Rúa Canario | Google


Segundo precisou a Policía Local en declaracións a Europa Press, os feitos tiveron lugar ao redor das 15,40 horas na rúa Canario tras unha orde ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo.


Posteriormente, o home foi trasladado ás dependencias da Policía Nacional da cidade olívica para ser posto a disposición xudicial.


A semana pasada, os axentes identificaron a este ancián e realizaron a correspondente tramitación de denuncia tras desprazarse á rúa Reiseñor e comprobar que raiara dous vehículos.


Este home conta con máis dunha ducia de antecedentes policiais por feitos como estes e consta como autor de desfeitas en centenares de coches.



Vello raia coches vigo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE