O Inspector Xefe de Facenda segue en prisión case un mes despues da súa detención
O avogado de Asdrubal Casares García presentou recurso contra a súa prisión provisional. O inspector xefe da Axencia Tributaria en Vigo foi detido o 15 de xaneiro por presuntamente liderar unha trama que quitaba ou rebaixaba multas a cambio de "mordidas".

Casares é o único que permanece no cárcere. O outro detido no seu día, Francisco González Piñeiro, dono da asesoría fiscal Aserco de Vigo, quedou libre provisionalmente xornadas despois. Iso si, a cambio dunha elevada fianza, 120.000 euros. Sábese que hai polo menos sete imputados, pero só eles dous foron detidos.
PARECE QUE OS REXISTROS ACHEGARON MÁIS PISTAS
Na súa argumentación, o letrado alega que o funcionario está indefenso, pois permanece o segredo de sumario. Segundo apunta Faro, tamén razoa que hai outras medidas ao marxe do cárcere para evitar unha hipotética destrución de probas.
Non o aprecia así o Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que o mantén na prisión; o que parece indicar que nos numerosos rexistros en Vigo e Ourense a UCO da Garda Civil atopou documentación de cuxos fíos está a tirar agora. A Audiencia Provincial da Coruña deberá pronunciarse sobre se o Inspector de Facenda pode saír, aínda que sexa provisionalmente.
Escribe o teu comentario