Vigo súmase á lista de cidades con ambulancias saboteadas
Unha ambulancia Ambuiberica apareceu onte coa pintada “FOLGA” nun dos laterais, noutro boicot contras as ambulancias galegas.
Unha ambulancia de Ambuiberica apareceu onte coa pintada “FOLGA” nun dos laterais, noutro boicot contras as ambulancias galegas.
Pintada da ambulancia de Vigo
A situación ao redor da folga no sector das ambulancias que arrincará o próximo 8 de febreiro empeza a ser insustentable. Despois de os ataques coordinados contra varias ambulancias en distintas localidades galegas, que culminou cunha ambulancia queimada en Tui, unha ambulancia de Vigo apareceu con pintadas.
No lateral da ambulancia, pintado con spray, pódese ler “FOLGA”, noutro acto de protesta do sector das ambulancias, que sente ninguneado pola Xunta.
Actualmente, este grupo de traballadores e traballadoras ten dúas frontes abertas: un pola reivindicación dun novo convenio colectivo; outro polas negociacións coa Xunta por unha mellora na convocatoria dos concursos de licitación, xa que actualmente as empresas de ambulancias concesionarias denuncian que están a perder diñeiro con respecto ao servizo que prestan.
Escribe o teu comentario