A maioría dos bolseiros galegos non cobra nin un euro pese facer "o traballo dun asalariado"

|

Campaña de CC.OO. para que os bolseiros coñezan os seus dereitos e se regule máis a súa situación


Comisións Obreiras iniciou unha campaña para informar dos seus dereitos laborais aos mozos que realizan prácticas en empresas e que, en moitos casos, "están a ser explotados, facendo o traballo dunha persoa asalariada, sen titor ou un labor que non ten nada que ver cos estudos que realizou".



Roda prensa ccoo campau00f1a bolseiros omar ceveira


Así o explicou o secretario de Mocidade de Comisións Obreiras Galicia, Omar Ceveira, quen, acompañado pola secretaria de Emprego, Maica Bouza, presentaron este xoves a iniciativa nunha rolda de prensa.


A MAIORÍA NON COBRA NIN UN EURO

Titulada 'Tes bolsa ou tes traballo?', a campaña está dirixida aos 34.000 mozos que na actualidade realizan algún tipo de prácticas en empresas de Galicia e está especialmente enfocada aos "case 20.000" que, segundo o sindicato, non perciben remuneración económica.


Omar Ceveira explicou que estes mozos atravesan unha situación de "precaridade" laboral con "dúas vertentes moi marcadas". Por unha banda, as condicións "estritamente" laborais --"rotación, baixos salarios e contratos temporais ou a tempo parcial"-- e, por outro, o "camiño" que atravesan os mozos desde que conclúen os seus estudos ata que asinan o seu primeiro contrato.


Comisións afirma que constatou que "en moitos casos as condicións" dos bolseiros "non son respectadas", polo que, agora, inician unha campaña para informar a este colectivo sobre os seus dereitos.


CENSO E ESTATUTO

O sindicato denuncia que as estatísticas non reflicten a realidade destas persoas, o que "dificulta" a súa "visibilización". Deste xeito, reclama que se elabore un censo que recolla a "todos os mozos" que realizan prácticas, especialmente no caso das "non laborais".


Maica Bouza tamén propuxo a creación dun estatuto do bolseiro, un colectivo que, segundo as cifras de Comisións, agrupa a 34.000 persoas en Galicia, das cales 20.000 realizan prácticas non laborais sen remuneración.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress