Servirá o novo concurso de ambulancias para desactivar a folga?
A Xunta leva anos lavándose as mans no conflito social do sector de ambulancias públicas. Primeiro sacou unhas licitacións bajísimas, provocando a non renovación do convenio colectivo e que as adxudicatarias ameacen con deixar de prestar o servizo. Cos traballadores listos para a folga, agora Sanidade anuncia un concurso. Está por ver se agora licita o servizo por máis diñeiro ou mantén a precariedade.
A Xunta leva anos lavándose as mans no conflito social do sector de ambulancias públicas. Primeiro sacou unhas licitacións á baixa, provocando a non renovación do convenio colectivo e que as adxudicatarias ameacen con deixar de prestar o servizo. Cos traballadores listos para a folga, agora Sanidade anuncia un concurso. Está por ver se agora licita o servizo por máis diñeiro ou mantén a precariedade.
Pasada protesta dos profesionais de ambulancias
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 remitiu este xoves o anuncio de información previa para a contratación do servizo de transporte urxente por vía terrestre ao Diario Oficial da Unión Europea.
O trámite realízase, segundo explica a Xunta, en cumprimento da Lei de Contratos do Sector Público. O anuncio farase público nun prazo máximo de cinco días.
O obxecto do contrato é a prestación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre a través de ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado e ambulancias asistenciais de soporte vital básico.
NON HABERÁ CAMBIOS ATA OUTUBRO
O contrato divide Galicia en 14 áreas de transporte sanitario urxente nas que o Urxencias Sanitarias 061 distribúe o territorio da comunidade.
Segundo a Xunta, o anuncio adianta o procedemento para a contratación do servizo "que ten como data límite prevista a adxudicación o mes de outubro deste ano". Hai que lembrar que a patronal deixou claro que, se a Xunta non subía os contratos, deixaría de prestar servizo esta primavera. O SERGAS reaccionou con indeferencia aparente, pero agora parece que move ficha.
Escribe o teu comentario