Con case 80 anos e acusado de esnaquizar 120 coches aterrorizando ao barrio

Os veciños aseguran que o ancián ten ao barrio "atemorizado" e que tamén agride ás persoas

|

Os veciños aseguran que o ancián ten ao barrio "atemorizado" e que tamén agride ás persoas


Axentes da Policía Nacional de Vigo identificaron a un veciño da cidade, de 79 anos de idade, como presunto autor de danos nas fechaduras de varios vehículos e no portal dun edificio, e que conta cunha ducia de antecedentes policiais por causar desfeitas en máis de 120 coches.



Rua do xilgaro vigo

Rúa do Xílgaro en Vigo


Segundo informaron fontes policiais, unha dotación do 091 trasladouse a a rúa Xílgaro a última hora da tarde do domingo, tras recibir o aviso de que un home estaba a tentar golpear a outro na vía pública.


Ao chegar, atopáronse a un home suxeitando a un ancián que trataba de fuxir. O home relatou aos axentes que sorprendera ao septuaxenario raiando a aleta do seu coche cunha chave, e metendo un escarvadentes na fechadura.


Cando se achegou a chamarlle a atención, o ancián gritoulle e golpeouno na cara, causándolle diversas feridas e danándolle as lentes, antes de tentar fuxir do lugar. 


Ademais, outro veciño de zona denunciou aos axentes que o home tamén causara danos na fechadura do portal do seu edificio.


BARRIO "ATEMORIZADO"

Segundo as testemuñas, este ancián ten "atemorizado" ao barrio, non só polos danos nos coches, senón porque é "habitual" que o home agrida ás persoas, golpeándoas co paraugas, o bastón, ou "calquera tipo de obxecto" que leve.


A Policía comprobou que, ademais do coche do requirente, había outros 6 vehículos que presentaban danos na carrocería, e escarvadentes rotos introducidos nas fechaduras.


Os axentes contactaron coa comisaría para comprobar os antecedentes do ancián, e constataron que, só desde o 1 de xaneiro deste ano, ao home atribúenselle danos en máis de 120 coches e agresións a tres veciños, e conta con 12 antecedentes policiais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE