A folga de Urxencias logra que o SERGAS ofreza máis persoal
Luz ao final de tunel na folga convocada hai 12 semanas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). O presidente da Comisión de Especializada, Camilo Agulleiro, valorou positivamente a nova oferta do SERGAS.
Luz ao final de tunel na folga convocada hai 12 semanas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). O presidente da Comisión de Especializada, Camilo Agulleiro, valorou positivamente a nova oferta do SERGAS.
Esta pasa por, entre outros puntos, incrementar en 11 médicos e 11 auxiliares o persoal de urxencias. Son catro traballadores máis en cada categoría.
Para Agulleiro, en delcaraciones a RNE, supón unha mellora considerable e un "incremento importante", pero está por ver se serve para poñer fin ao conflito. Para este mércores está prevista unha reunión entre representates dos traballadores e do equipo directivo que encabeza Eloína Nuñez, curmá do presidente de la Xunta. Posteriormente, os asalariados terán oportunidade de votar a terceira proposta do SERGAS.
Por agora, os folguistas seguen coas súas mobilizacións. En o mediodía deste luns houbo concentración diante da porta de urxencias e posteriormente no salón de actos, onde se debaterá a proposta.
O aumento de medios ofrecido coincide con chegda de pico da gripe, que normalmente provoca colapsos en urxencias. E tamén coa denuncia que estuda a Fiscalía pola morte de dous pacientes despois de sufrir atrasos na súa atención en urxencias o día 2 de xaneiro.
Escribe o teu comentario