O BNG responde a Beiras: “A proposta non é seria”

Pontón pide "seriedade" despois de que Beiras propuxese a inclusión de Anova na candidatura de BNG, Bildu e ERC para as eleccións europeas e pecha a porta á súa entrada para as europeas. "Non estamos para solucionar as leas de En Marea", di a lider do BNG.


|

Pontón pide "seriedade" despois de que Beiras propuxese a inclusión de Anova na candidatura de BNG, Bildu e ERC para as eleccións europeas e pecha a porta á súa entrada para as europeas. "Non estamos para solucionar as leas de En Marea", di a lider do BNG. 


Ana Pontón, portavoz nacional do BNG no Parlamento


A líder do BNG, Ana Pontón, pechou a porta á incorporación de Anova na candidatura para as eleccións europeas na que participa o Bloque xunto con EH Bildu e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e que será presentada este venres nun acto en Santiago de Compostela.

"En política temos que ser serios. Para valorar propostas esas propostas teñen que existir e ser serias. Non podemos valorar propostas que non existen", subliñou Pontón a preguntas dos xornalistas este xoves, un día despois de que Anova, a través do seu cofundador e referente Xosé Manuel Beiras, ofrecésese para concorrer ás europeas baixo a candidatura das forzas soberanistas de Euskadi, Cataluña e Galicia.

Con todo, Pontón rexeita esa posibilidade e nega que exista unha proposta real por parte de Anova, organización nada tras a ruptura do Bloque na Asemblea Nacional de Amio (Santiago) de 2012. "Non vou entrar en especulacións, leas ou barullos. En política é moi importante que sexamos serios", apostilou.

Ademais, a portavoz nacional do Bloque instou a "os grupos que conforman En Marea que non tenten trasladar os seus problemas e as súas leas ao BNG". "Non estamos para solucionar as leas de En Marea. Estamos para traballar polos problemas do país, para traballar con seriedade e rigor para os galegos", engadiu.

"Se En Marea ten un problema eu non me vou a meter. Sempre dixen que solucionen canto antes os seus problemas porque non creo que fagan ben a ninguén. Pero os problemas de En Marea que non nolos tenten trasladar a ninguén. Pido respecto", aseverou.

Así as cousas, Pontón dá por pechada a candidatura para as europeas, que representa unha "gran" oportunidade para "garantir" a presenza de Galicia en Europa e dar continuidade ao traballo desempeñado pola actual eurodeputada Ana Miranda. "En política hai que ser serios. Hai a quen lle gusta a lea, o espectáculo e facer frivolidades cando falamos de cousas serias", resolveu a líder frontista.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE