‘R’ constitúe a Comisión de Seguimento da súa Cátedra de Ciberseguridad
A compañía constitúe así a primeira cátedra interuniversitaria en Cieberseguridad existente en Galicia.
A compañía constitúe así a primeira cátedra interuniversitaria en Cieberseguridad existente en Galicia.
Como anuncia a compañía, esta comisión será a encargada “de supervisar as accións derivadas do convenio asinado polas universidades e R para validar as accións que se vaian a desenvolver, aprobar os orzamentos anuais en virtude da achega económica anual de R e elaborar unha ‘Memoria anual da Cátedra R en Ciberseguridad’”.
Ana Fernández Vilas, coordinadora da Cátera e do Máster na UVi, Carlos Dafonte, coordinador do Máster na UDC, Rebeca P. Díaz Redondo, coordinadora do Grao en Enxeñería de Telecomunicación, Francisco Javier Nóvoa de Manuel, representante do Persoal Docente e Investigador, Idoia Uriarte, responsable de Seguridade da información do Grupo Euskaltel, e Susana Rey, delegada de Protección de Datos do Grupo Euskaltel, compoñen esta comisión.
A Cátedra, creada en colaboración coas Universidades de Vigo e A Coruña, comezou en decembro “decembro coa meta primeira de promover o desenvolvemento cultural, científico e tecnolóxico sobre a seguridade informática e procurarlle unha aplicación práctica na sociedade galega”.
“As actividades da Cátedra abarcarán os campos da formación, a divulgación e a investigación ao redor da Ciberseguridad, área imprescindible e cada vez máis demandada no uso cotián das novas tecnoloxías por particulares e empresas”, indica a compañía, que anuncia que tanto a Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo como a Facultade de Informática da Universidade da Coruña poñerán a disposición da Cátedra as súas instalacións “para desenvolver todas estas actividades”, coa achega de 20.000 euros anuais por parte da compañía no próximos tres anos.
Do mesmo xeito, R destaca que a Ciberseguridad é “un campo á alza”. “É un terreo de estudo a día de hoxe imprescindible tanto a nivel particular como empresarial ou institucional, pois compromete cuestións tan sensibles como poden ser a privacidade, a protección dos datos de corporacións de todo tipo e ata segredos de Estado, por citar tan só algúns exemplos da amplitude de implicacións que o termo comporta”, reflicte o comunicado da empresa.
Escribe o teu comentario