Falta de persoal en varios PAC do SERGAS

Profesionais sanitarios tiveron que desprazarse a Moaña desde Vigo e tamén houbo problemas esta fin de semana en Cambados, segundo denuncia En Marea


|

Profesionais sanitarios tiveron que desprazarse a Moaña desde Vigo e  tamén houbo problemas esta fin de semana en Cambados, segundo denuncia En Marea



Centro saúde pac cambados

Centro de Saúde en Cambados | Google Street View


O portavoz de En Marea, Luís Villares, censurou que o Goberno galego "volva" recorrer ao financiamento privado para sufragar os custos de "necesidades básicas" de poboación como a sanidade, un servizo que, segundo o maxistrado lucense, padece "políticas de malos tratos" por parte do PP.

Nunha rolda de prensa celebrada no Pazo do Hórreo este luns, Luís Villares asegurou que a pasada fin de semana "púidose comprobar de novo" que "a palabra" do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, "non vale nada" despois de que profesionais do PAC de Cambados (Pontevedra) tivesen que "dobrar quenda" para evitar que o servizo queda "descuberto".

O maxistrado en excedencia subliñou que este episodio súmase a outros similares rexistrados nos últimos días, como, di, sucedeu a pasada semana en Moaña (Pontevedra), ata onde tivo que desprazarse un equipo da área de Vigo ante a "falta" de profesionais.

"Para cumprir a lei sanitaria en Moaña houbo que incumprila en Vigo e para que non se incumprise a normativa en Cambados, tiveron que dobrar quenda", aseverou Villares, que puxo o foco en que son os profesionais quen "exerce unha responsabilidade que non exerce o Goberno de Feijóo".

"Esiximos algo tan revolucionario como que se cumpra a lei", incidiu, para logo engadir que a Xunta "pon en risco á poboación" para "aforros ridículos de 300 euros".

FISCALIDADE
Ao fío deste asunto, Villares situou os problemas no sistema sanitario como un exemplo das dificultades do Goberno galego para "atopar recursos suficientes para atender necesidades básicas".

Neste sentido, censura que a Xunta recorra "ao endebedamento nos mercados privados" para financiar estes servizos "básicos". Segundo Villares, o pasado quinquenio, recorrer á banca privada supuxo "sobrecustos de financiamiento de débeda de máis de 400 millóns de euros" en pago de xuros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE