Encerran e matan a golpes a catro cabalos
O Seprona investiga a morte de catro animais e as lesións doutros cinco na parroquia de Viladesuso, en Oia.
O Seprona investiga a morte de catro animais e as lesións doutros cinco na parroquia de Viladesuso, en Oia.
Na tarde de onte dous veciños da parroquia de Viladesuso, en Oia, alertaron ás autoridades de a morte de catro cabalos salvaxes, encerrados nunha manga de desparasitación.
Os catro equinos, atrapados nese corredor estreito, foron golpeados con instrumentos contundentes ata morrer e outros cinco teñen lesións, aínda que puideron ser liberados polos veciños.
O Seprona investiga este novo caso de crueldade animal. Os catro animais falecidos teñen microchip e os seus propietarios xa están ao corrente dos feitos.
Escribe o teu comentario