O Obradoiro e Marineda City van da man
O club de baloncesto Monbus Obradoiro e a superficie comercial han renovado o seu compromiso para este ano, tal e como explicou Ana López, xerente do centro comercial.
O club de baloncesto Monbus Obradoiro e a superficie comercial han renovado o seu compromiso para este ano, tal e como explicou Ana López, xerente do centro comercial.
Na rolda de prensa, coa presenza de Daniel Agra, director de Márketing do Obra e de Moncho Fernández, adestrador, anunciouse a renovación do acordo, no que se enmarca o Partido Marineda, que terá lugar este domingo ante Unicaja.
O acordo englobará máis accións, por exemplo o sorteo nas canles sociais do Obra de entradas para os partidos de liga que se xoguen en casa. “Estamos moi satisfeitos con esta colaboración, por iso cremos que é importante consolidala dentro da firme aposta que o noso centro está a facer por difundir e promover os valores do deporte e a vida saudable”, destacou Ana López.
“Marineda City ten unha especial vinculación co deporte, que se materializou coa creación dun espazo dedicado á moda e o deporte no que conviven distintas marcas do sector, entre as que se atopa Tiro Libre, tenda oficial do Monbus Obradoiro, que se acaba de incorporar recientemenche”, reza o comunicado da superficie comercial, onde lembra que o espazo programa “eventos vinculados á práctica deportiva, como poden ser exposicións ou accións solidarias ligadas ao deporte”.
Escribe o teu comentario