Conducindo un camión e positivo en cocaína, anfetaminas, metaanfetaminas e cannabis

A Policía Local de Vigo denunciou administrativamente cunha sanción de mil euros e a retirada de seis puntos do carné ao condutor dun camión que deu positivo en catro clases de substancias estupefacientes tras unha infracción.

|

A Policía Local de Vigo denunciou administrativamente cunha sanción de mil euros e a retirada de seis puntos do carné ao condutor dun camión que deu positivo en catro clases de substancias estupefacientes tras unha infracción.



Cruzamento  sanjurjo badia doutor corval vigo

Cruzamento das rúas Sanjurjo Badía con Doutor Corbal | Google Street View


Os feitos producíronse pasadas as 7,00 horas do pasado xoves, cando unha patrulla deulle o alto ao condutor dun camión na confluencia das rúas Sanjurjo Badía con Doutor Corbal, por non respectar o sinal de límite de tonelaxe en sentido centro cidade.


Os policías sospeitaron que o condutor circulaba con presenza de drogas no organismo, polo que foi sometido ao test indiciario salival, que deu un resultado positivo en cocaína, anfeteminas, metaanfetaminas e THC (tamén coñecido como tetrahidrocannabinol).


Por este motivo, o condutor terminou cunha sanción de mil euros por conducir baixo os efectos das drogas, considerado un delito contra a seguridade viaria, e a retirada de seis puntos do permiso de circulación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE