Medio Rural promete defender a gandería galega ás portas da negociación da PAC
O conselleiro José González móstrase convencido da "extraordinaria calidade" dos produtos galegos antes de que se obrigue a etiquetar o leite en orixe.
O conselleiro José González móstrase convencido da "extraordinaria calidade" dos produtos galegos antes de que se obrigue a etiquetar o leite en orixe.
O conselleiro do Medio Rural, José González, prometeu defender os intereses das explotacións gandeiras galegas na primeira das reunións para a elaboración dun plan estratéxico de España, en vésperas á negociación da futura Política Agraria Común (PAC).
González, nunha entrevista a Radio Galega, afirmou que na reunión que se celebrará en Madrid o luns 21 de xaneiro van atopar " para defender as explotacións" galegas.
Neste sentido, comentou que teñen un documento de defensa das explotacións gandeiras de Galicia que foi pactado coas cooperativas e as asociacións agrarias. O conselleiro convidou a "todous aqueles que teñan intereses no sector agrario galego que se somen a este acordo".
O titular do departamento de Medio Rural remarcou a existencia dunha serie de "liñas vermellas", como o apoio ás pequenas explotacións, que se sigan mantendo as liñas de axuda á incorporación de mozas e as axudas ás zonas de montaña e desfavorecidas.
González mostrouse confiado en lograr aliados doutras comunidades autónomas que compartan intereses para facer unha fronte común. Ademais, ante as próximas eleccións, manifestou que a defensa dos gandeiros galegos está por encima dos intereses deste tipo.
"EXTRAORDINARIA CALIDADE DOS PRODUTOS GALEGOS"
Outro dos temas dos que falou González foi o da entrada en vigor a finais de mes da obrigatoriedade de etiquetar o leite en orixe.
Sobre este asunto comentou que está "convencido de que os produtos galegos teñen unha extraordinaria calidade e ademais iso ten que repercutir no prezo".
Por iso, opinou que "todo aquilo que consiga identificar a orixe dos produtos vai supoñer subir o prezo e por tanto a rendibilidade que van recibir as explotacións" de Galicia.
Escribe o teu comentario