Obras do Vitoria and Albert Museum de Londres visitarán Galicia

Serán 90 obras dos séculos XVI ao XIX de artistas holandeses e flamencos

|


A Fundación Barrié inaugurará o 1 de marzo a mostra 'Trazos Mestres: Debuxos holandeses e flamencos do Vitoria and Albert Museum', de Londres, segundo informa a entidade. A mostra permanecerá aberta ata o 23 de xuño.


Jacob jordaens

Tras a súa presentación en Londres e o seu paso por Estados Unidos, a presentación na Fundación Barrié é a primeira en Europa, fóra do museo británico.

Organizada polo museo británico, Rembrandt van Rijn, Peter Paul Rubens, Sir Anthony van Dyck e Brueghel o Vello son algúns dos nomes que formarán parte da exposición.

Comisariada por Louise Cooling, anterior comisaria adxunta do museo británcio, está integrada por 90 obras dos séculos XVI ao XIX pertencentes á colección de debuxos holandeses e flamencos da Idade de Ouro do Vitoria and Albert Museum.

CINCO APARTADOS
A mostra divídese en cinco apartados: Pre-Idade de Ouro; Relixión e Mitoloxía; Persoas; Paisaxes e Pos-Idade de Ouro. "Obras de referentes ineludibles na historia da arte, estarán acompañadas de ricas coleccións doutros artistas de menor renome da Idade de Ouro", apunta a entidade sobre o contido.

Con esta exposición, que coincide coa conmemoración do 350 aniversario da morte de Rembrandt e do 450 aniversario da morte de Pieter Brueghel o Vello en 2019, "a Fundación Barrié continúa achegando a Galicia obras de grandes mestres da arte nacional e internacional", explica.


Ademais, durante a súa celebración, a Fundación Barrié organizará unha serie de actividades complementarias, entre elas talleres didácticos para centros de ensino, colectivos de diversidade funcional e familias.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE