‘PACs en pé de Guerra’ responde á proposta do SERGAS, que di estar “aberto a negociar”

A plataforma mantense firme nas reivindicacións dos profesionais sanitarios e pide que se convoque o comité de folga para iniciar as negociacións.


|

A plataforma mantense firme nas reivindicacións dos profesionais sanitarios e pide que se convoque o comité de folga para iniciar as negociacións.


Puntos atencion continuada


A Asociación ‘PACs en pé de Guerra’ respondeu cun comunicado ao SERGASque se mostrou “aberto” a alcanzar un acordo para poñer fin á folga nos Puntos de Atención Continuada. A resposta da plataforma é que, aínda que se tiveron que “decatar pola prensa” desta disposición do SERGAS, alégranse de oír esa postura do Servizo Galego de Saude, aínda que recalcan que aínda non convocaron o comité de folga para poder sentar a negociar.


Do mesmo xeito, a plataforma reitera que a última proposta, que aínda mantén elSERGAS, xa foi rexeitada polos traballadores dos PACs, e que o colectivo de traballadores sanitarios segue firme nas súas reivindicacións. Ofertar pagar dúas comidas nas xornadas de 24 horas nos lugares onde se fai máis que unha oferta, melloras nos equipos de protección e materiais médicos e unha revisión e mellora do horario de traballo dos profesionais dos PACs son algunhas das reclamacións que levaron ao colectivo á folga indefinida, iniciada o pasado día 7 de xaneiro.


“Vincular a derivación á produtividade non deixa de ser unha irresponsabilidade para os pacientes, ou un falta de respecto ao traballo e ao criterio dos profesionais”, sinala a nota da plataforma na súa lista de cinco puntos. Ademais, a misiva tamén destaca que mentres que na maioría das reivindicacións o SERGAS non fixen ningún tipo de contrapropuesta, ‘PACs en pé de Guerra’ denuncia o caso de seguir “conxelando o 20% do noso complemento por nocturnidade ou festividade, mentres gastan máis en publicidade”.


“Xa nin falamos de dotación de persoal con que axustalo á demanda de cada lugar e minimizar o tempo no que os centros quedan sen persoal sanitario”, lamenta a plataforma, que advirte ao director xeral do SERGAS que o colectivo é “o primeiro interesado en liquidar esta situación” e emprázao a convocar o comité de folga e ir “con ganas de solución e con propostas adecuadas”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE