"Mércores sanguento" no Centro Galego de Buenos Aires
A crise no Centro Galego de Buenos Aires (CGBA) agudízase ás portas dunha cita clave. Os socios da histórica institución están convocados a unha asemblea para aprobar a venda da sede. Mentres, os traballadores apertan as porcas, cun peche previsto para o mércores despois doutro celebrado o venres. Ademais, unha cofundadora das nais de Maio visitou o hospital -case abandonado- para solidarizarse.
A crise no Centro Galego de Buenos Aires (CGBA) agudízase ás portas dunha cita clave. Os socios da histórica institución están convocados a unha asemblea para aprobar a venda da sede. Mentres, os traballadores apertan as porcas, cun peche previsto para o mércores despois doutro celebrado o venres. Ademais, unha cofundadora das nais de Maio visitou o hospital -case abandonado- para solidarizarse.
Protesta de los trabajadores el pasado viernes
"Mañá mércores sanguento", advirten un grupo de traballadores nunha das páxinas das redes sociais que utilizan para coordinarse. Os empregados que quedan -moitos optaron polo retiro- levan meses sen cobrar o seu salario, ata 8 salarios e 2 pagas extras, segundo fontes sindicais.
O peche deste venres estivo convocado polo Sindicato de Traballadores da Sanidade Arxentina.
Otra promesa incumplida en el Centro Gallego pic.twitter.com/jdTYrEEdXM
— A.T.S.A. Bs.As (@AtsaBsAs) 21 de diciembre de 2018
Foi esta central quen desvelou hai unhas semanas que podería existir unha ofert a para salvar ao Centro Galego, mantendo o seu decrépito hospital. Despois filtrouse que un grupo arxentino, BASEA Saúde, podería estar interesado. Con todo, pasan os días e non hai oferta por escrito, de aí o nerviosismo sindical.
COMUNICADO DE PRENSA
— A.T.S.A. Bs.As (@AtsaBsAs) 21 de diciembre de 2018
Compartimos el Comunicado de Prensa Oficial de nuestra organización sobre el estado de situación del Centro Gallego. pic.twitter.com/BJq4u42yQT
Mentres, os socios seguen convocados a unha asemblea, o 29 de decembro, para aprobar unha venda cuxas condicións descoñecen. Uns socios que, ademais, están tan divididos como os traballadores.
Non todos están de acordo co labor do Sindicato de Traballadores da Sanidade Arxentina, a quen considera cómplice do interventor. Martín Moyano é acusado por algúns traballadores -e tamén fóra de micrófono polas autoridades galegas e arxentinas- de agrandar a débeda e baleirar o hospital, facéndoo inviable e poñendo os cimentos para un pelotazo urbanístico (o Centro está en Belgrano, zona nobre de Buenos Aires). Estes traballadores convocaron outro peche o mércores e unha "pota popular" o sábado.
A crise do Centro entra nun momento clave, sen que nin a Xunta nin o Estado tomen medidas, como lles pediron en numerosas ocasiones BNG,En Marea e PSdeG. A semana pasada o Conselleiro de Cultura comparecía no Parlamento e a postura segue sendo a mesma, só hai interese por salvar o patrimonio cultural (o CGBA alberga unha das maiores pinacotecas de artistas galegos en mans privadas).
Un pasostismo contra o que arremete Ramón Suárez. O presidente electo do Centro cualifica ao conselleiro de "lamprea" por escurrir a demanda da súa directiva, que o CGBA volva estar representado en Ospaña.
Esta fundación privada -montada polo Estado para atender aos emigrantes- tería o músculo financeiro suficiente para atopar unha solución, sen tirar máis das arcas públicas españois, opina o presidente electo. Socios como o culpan ás autoridades españolas de darlle a puntilla ao Centro ao apostar por Ospaña e deixar caer a centenaria insitución.
Suárez advertiu que non tomará posesión o día 29 se antes non se concreta a suposta oferta de Basa Salud. Así as cousas, é moi improbable que a venda salga adiante co que traballadores e socios seguirán enredados no seu labirinto, ao mesmo tempo, Galicia seguirá a piques de perder unha parte do seu legado histórico e cultural.
Norita Cortiñas, cofundadora das nais de Maio, é unha das personalidades que visitou recentemente o Centro para solicitar a intervención pública, como tamén fixo o Nóbel Pérez Esquivel.
Escribe o teu comentario