Mariñeiros de Malpica denuncian que o dique debería ser ampliado

Lamenta que as "medidas había que tomalas anteriormente" contra as correntes e non "despois" de que haxa un falecido

|

O propietario do barco naufragado di que as "medidas había que tomalas anteriormente" contra as correntes e non "despois" de que haxa un falecido


O armador propietario do 'Silvosa', Emilio Cancela Bouzas, barco afundido en Malpica o xoves cando saía do porto, urxe a necesidade de ampliar o dique de abrigo deste municipio coruñés para facer fronte ás correntes, que segundo as primeiras hipóteses, provocaron o sinistro no que faleceu o patrón da embarcación, mentres outros tres mariñeiros salvaron a vida.



Naufraxio en Malpica


"Claro que hai que ampliar o dique de abrigo, pero non agora, hai anos", reflexiona este armador en declaracións a Europa Press o día despois da traxedia.


Cancela Bouzas denuncia que as "medidas había que tomalas anteriormente" e non "despois" de que haxa un falecido, pero como "nunca" ata ahora morrera ninguén na manobra de saída do porto, "pois ata o día que pasa".


A CONFRARÍA OPINA O MESMO

Deste xeito, coincide coa opinión do patrón maior de Malpica, Pedro Pérez , quen lembra que no pasado xa houbo "sustos", e chama a "aumentar o espigón de abrigo medio quilómetro máis para que esas correntes non dean chegado tan dentro e non ocorran problemas destes".


Nesta liña, Emilio Cancela apunta que "aquí o temporal pega moi duro", polo que moitas embarcacións "teñen que ir para o porto da Coruña porque aquí é imposible estar".


UN PATRÓN EXPERIMENTADO

Así mesmo, o dono do 'Silvosa' incide na experiencia do patrón falecido, José Ángel Sanjurjo Láuzara, que levaba "unha chea de anos" de traballo na mar, "moi profesional" con "miles e miles de veces" de saída, á vez que defende que o barco do que é propietario estaba "ao día".


Con todo, incide en que o naufraxio foi un "accidente" provocado por "as correntes" e "a manobra". "Foi un accidente nada máis, é como quen na estrada nun coche e vaise fóra", deixa claro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE