O Breogán sorprende ao Madrid; o Obradoiro supera ao Estu

Os dous equipos galegos superaron aos conxuntos da capital e conseguen afastarse do descenso, no caso dos composteláns, e abandonar a última praza, no caso dos lucenses. 


|

Os dous equipos galegos superaron aos conxuntos da capital e conseguen afastarse do descenso, no caso dos composteláns, e abandonar a última praza, no caso dos lucenses. 


Breogan madrid


Gran fin de semana para o baloncesto galego. O Cafés Candeas Breogán sorprendeu a propios e estraños derrotando na súa cancha ao todopoderoso Real Madrid por 84-71, grazas a unha exhibición coral de Salva Arco e Löfberg, que anotaron 13 puntos cada un. Pola súa banda, Mombus Obradoiro sumou outra vitoria no Fontes do Sar ante un rival directo como é o Movistar Estudantes. Comandados por un gran Brodziansky, que pechou a noite con 27 puntos, os santiagueses afástanse da zona baixa da táboa e suman xa 5 vitorias.


PESADELO BRANCO

O Pazo Provincial dous Deportes viviu unha noite desas que se lembrará durante moito tempo. O día no que o Breo, que levaba moitos anos sen recibir na súa casa ao coloso, o Real Madrid, derrotou ao xigante do baloncesto español e europeo a base de traballo, acerto desde o tiro libre e medindo ben os esforzos, ante un rival que só maquillou o resultado no último cuarto, cando o pavillón lucense xa se converteu nunha festa.



Os raparigos de Natxo Lezkano deron a sorpresa con dous espectaculares cuartos, o segundo e o terceiro, nos que dobregaron ao Real Madrid, onde só a vontade de Sergio Llull e o acerto anotador de Prepelic pareceron brillar no conxunto da capital, que deu unha das peores imaxes da tempada, perdendo o liderado a favor dun Barça que ten un record de 10-2 polo 9-3 merengue. Así, os lucenses, que raiaron a un altísimo nivel, abandonan o faroliño vermello tras cinco derrotas seguidas, aínda que se manteñen nos postos de descenso.


MOITO ESLOVACO PARA O ESTU

Vitoria máis sufrida do desexado do Obra na súa pista. O conxunto compostelán desfíxose dun rival que comparte os seus mesmos obxectivos como o Estudantes por un marcador de 91-81, o que deixa aos seguidores de 'A Demencia' con 3 vitorias por 8 derrotas, o mesmo balance de derrotas que teñen os equipos que ocupan as prazas de descenso a LEB Oro, aínda que os madrileños aínda teñen que xogar un partido.


O partido, que comezou cunha sonora homenaxe a Vasileiadis, autor de 10 triplos a semana pasada en Zaragoza, levou o partido no ecuador do encontro, cando o pivote eslovaco Brodziansky sacou o seu fusil para mandar aos da capital á lona, aínda que no último cuarto un parcial de 0-8 levou o suspense ao Fontes do Sar, que con todo viu como o seu equipo recuperaba o acerto anotador e lograba impoñerse ao Estu, que deu máis guerra da aconsellada polos médicos. Brodziansky, por certo, foise da pista cun 37 de valoración, unha das mellores marcas no que vai de liga, o que lle valeu para ser elixido xogador da xornada. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE