O SERGAS nega que unha paciente estivese a esperar por unha operación tres anos

A Xerencia do Sergas en Santiago responde á acusación lanzada pola Asociación de Pacientes do CHUS. Nela, unha paciente acusaba á sanidade pública de facerlle esperar "máis de tres anos" por unha operación de redución de estómago; entre o tempo que tardou en ser remitida ao especialista -dous anos- e os máis de doce meses que leva nunha lista de espera para cirurxía.


|

A Xerencia do Sergas en Santiago responde a a acusación lanzada pola Asociación de Pacientes do CHUS. Nela, unha paciente acusaba á sanidade pública de facerlle esperar "máis de tres anos" por unha operación de redución de estómago; entre o tempo que tardou en ser remitida ao especialista -dous anos- e os máis de doce meses que leva nunha lista de espera para cirurxía.


Fontes oficiais do SERGAS indican a Galiciapress que non hai ningunha paciente en lista de espera cos datos facilitados na denuncia da Asociación. Ademais, engaden que "la espera para unha intervención de cirurxía bariatrica no hospital Clinico é inferior aos 6 meses, despois de a indicación específica do especialista e realización de numerosas probas e de tratamentos previos". 



Chus 7

Hospital do SERGAS en Santiago


Ademais, engaden que o tratamento de obesidade mórbida é moi complexo. A persoa que protesta asegura que foi diagnosticada obesidade supermórbida e que tanto tempo esperando agravou os seus problemas ata non poder andar nin conducir.


PROCEDEMENTO NESTES CASOS

Desde o SERGAS explícase que o tratamentos destes casos é multidisciplinar porque "interveñen especialistas en Endocrinoloxía, cirurxiáns, nutricionistas, psicólogos e psiquiatras, entre outros".


Un dos tratamentos que o CHUS sinala séguense para estes casos é a dieta, que é precisamente o primeiro que lle recomendou o médico de familia a esta paciente, quen di seguiu as indicacións do seu galeno, sen lograr reducir peso. 


Por último, o SERGAS explica que a cirurgía bariatrica "non esta indicada para todos os enfermos" e soamente pode ser abordada por indicación clínica dun facultativo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE