Santiago estrea mercado gastronómico e restaurante dun estrela Michelín

Os promotores din que investiron 2,5 millóns no mercado de Boanerges


|

Os promotores din que investiron 2,5 millóns no mercado de Boanerges


Hai 10 postos gastronómicos un restaurante dirixido polo chef pontevedrés Yayo Daporta (Boamar), unha vinoteca, unha cervexaría, unha cafetería e unha coctelería


A piques de poñerse marcha un novo espazo gastronómico na capital de Galicia. Tras un "investimento de 2,5 millóns de euros" abre as súas portas  este xoves desde as 18:30 horas o Mercado de Boanerges, un espazo que aspira a "converterse en centro de peregrinación de composteláns e visitantes á cidade e nun lugar de culto ao mellor produto galego".



Mercado bonarenges santigo


Lonxe do barullo da zona turística, situado no número 8 da rúa Monte do Seixo, xunto a El Corte Inglés, conta cunha superficie total de 1.085 m2 entre interiores e terrazas –máis un amplo aparcadoiro no soto con 28 prazas– e con "unha variada oferta gastronómica que se rexe por unha excelente relación calidade-prezo". Nel conviven dez postos gourmet e diversas propostas de restauración, entre as que destacan a coctelería de autor Boavoa e o restaurante Boamar, dirixido polo estrela Michelin pontevedrés Yayo Daporta.


IRMÁNS ACEVEDO

Os promotores e investidores do novo mercado gastronómico de Santiago de Compostela son os irmáns Pedro e José Ramón Acevedo. 


A súa decoración está inspirada nunha antiga praza de abastos, e o seu nome, Boanerges, que significa “fillos do trono”, fai referencia ao sobrenome dado por Jesús aos apóstolos Santiago e San Juan Evanxelista. 


Na planta do mercado atópanse os dez postos de alimentación, cada un deles dedicado a un produto xenuinamente galego. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE