Cancio (Vox Coruña): "Chamarnos fascistas é un insulto, non xorden 400.000 fascistas dun día para outro"

De onde veñen os votos de Vox? Hoxe, cando todos os focos están no partido que deu o campanazo onte, Galiciapress conversa cunha das súas cabezas visibles en Galicia. Pablo Cancio (Vox A Coruña) defende os seus postulados ideolóicos e adianta que se presentará aos comicios locais "seguro" en Ferrol e "moi probablemente" na Coruña e Santiago.


|

De onde veñen os votos de Vox? Hoxe, cando todos os focos están no partido que deu o campanazo onte, Galiciapress conversa cun das súas cabezas visibles en Galicia. Pablo Cancio (Vox A Coruña) defende os seus postulados ideolóxicos e adianta que o partido se presentará aos comicios locais "seguro" en Ferrol e "moi probablemente" na Coruña e Santiago.



Pablo cancio vox galicia

Pablo Cancio, de Vox A Coruña


Cancio recoñece certa sorpresa polo éxito andaluz, porque "sabiamos que íase conseguir representacion no Parlamento, mesmo perfectamente grupo propio, sabiamos que había moito voto oculto e que Vox ía recoller boa parte da abstención; pero non 12 deputados.


De onde veñen os 400.000 votos a Vox Andalucía? Na súa opinión "unha parte dos votantes vén do PSOE, Esquerda Unida e Podemos". O motivo é que "moita xente comprende que a esquerda abandonou os intereses da clase traballadora e atopou en Vox un partido que se se preocupa por eles, por exemplo, polos traballadores do mundo rural e do sector primario, que están abandonados".


EN CONTRA DO INTERVENCIONISMO NA ECONOMÍA

A opinión de que os seus apoios manan da esquerda constrasta coa etiqueta de "ultradereita" que pende sobre Vox. Cancio, como xa explicou nesta entrevista con Galiciapress hai unhas semanas,  cre que estamos ante unha "entiqueta interesada", unha "estigmatización a priori dunha forza que pon en dúbida dogmas como o estado das autonomías ou a ideoloxía de xénero". Argumenta que o fascismo sempre foi moi intervencionista no económico e Vox, a pesar de ser "conservador no moral", está coa economía de mercado e a baixada de impostos.


Ademais, considérao "un modo de desprezar a 400.000 analuces que apoian a Vox, un partido que pasa da nada a 12 escanos, non xorden 400.000 fascistas dunha mañá para outra, máis cando boa parte deses votos vén de PSOE, EU ou Podemos; a xente vótanos por motivos moi diversos -como pode ser o hartazgo coa corrupción- e chamarlles por iso fascistas paréceme moi feo".


Debates ideolóxicos á marxe, a cuestión práctica que aprema agora son os pactos de goberno. Desde Vox Coruña advírtese a Cidadáns do "erro" que sería impedir un cambio forzando un pacto entre PP, PSOE e os laranxas, como onte insinuou Albert Rivera. Unha estratexia que comportaría un "trompazo" nos próximos comicios.


ESTRUTURA DE VOX EN GALICIA

Próximas eleccións -as de primavera de 2019- onde Vox en Galicia estará presente, polo menos, na papeleta das locais de Ferrol e -probablemente- tamén en Santiago e A Coruña; ademais loxicamente da papeleta das eleccións europeas, cuxa circunscrición é de ámbito estatal.



CEP VOXCORUÑA VISTALEGRE

Militanes de Vox Galicia no acto de Vistalegre


Cancio espera que o "resultado espectacular" de Andalucía sirva para dar un impulso á afilación de Vox en Galicia, que recoñece limitada en Lugo -onde aínda non hai estrutura formal- e Ourense -onde se acaba de montar o primeiro grupo. Formalmente hoxe  Vox en Galicia só existe na provincia da Coruña, aínda que está previsto que en Pontevedra comece a andar a principios de 2019.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE