Endesa trae a David Bisbal a Galicia nun concerto exclusivo

A empresa enerxética dá a posibilidade aos seus clientes de asistir  a un concerto e a unha reunión exclusiva co cantante David Bisbal en Vigo o próximo 21 de marzo no Teatro Afundación. 


|

A empresa enerxética dá a posibilidade aos seus clientes de asistir a un concerto e a unha reunión exclusiva co cantante David Bisbal en Vigo o próximo 21 de marzo no Teatro Afundación.


David Bisbal



Os afeccionados galegos a David Bisbal están de parabén. O artista almeriense ofrecerá un concerto exclusivo en próximo marzo da man de Endesa, no Teatro Afundación de Vigo.


O evento está encadrado na campaña da compañía para ofrecer aos consumidores a nova tarifa ‘Tempo Happy’. Endesa garante na súa proposta gratis a enerxía das 50 horas de maior consumo ao mes, a de dúas horas de luz a cero euros ou a enerxía de toda unha xornada por semana sen custo.


Así, os clientes poderán optar a este evento todos aqueles clientes que contratasen a tarifa antes do 31 de xaneiro en calquera punto de servizo da compañía, por vía telefónica ou a través de Internet. Os pases serán entregados por orde de petición ata que se esgoten, xa que Endesa pon a disposición 470 entradas dobres. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE