Suez España, vinculada a Viaqua, premiada nos ‘European Business Awards of the Enviroment’
Suez España recibiu o premio dos ‘European Business Awards of the Enviroment’ na categoría de empresa e biodiversiadad polo proxecto “De plantas de tratamento de auga para as reservas de biodiversidade”, proxecto vinculado ao programa de voluntariado ambiental ‘BiObserva’ de Viaqua, que forma parte do grupo Suez.
Suez España recibiu o premio dos ‘European Business Awards of the Enviroment’ na categoría de empresa e biodiversiadad polo proxecto “De plantas de tratamento de auga para as reservas de biodiversidade”, proxecto vinculado ao programa de voluntariado ambiental ‘BiObserva’ de Viaqua, que forma parte do grupo Suez.
Entrega dos galardóns
A directora de Desenvolvemento Sustentable da organización, Dulcinea Mejide, foi a encargada de recoller o galardón nun acto celebrado en Viena. “Este premio recoñece o esforzo de todas as persoas de Suez que traballan con constancia e convencidas da necesidade de preservar a biodiversidade nas nosas plantas de tratamento para transformalas en infraestruturas verdes”, afirmou Meijide.
O programa, que desenvolve Viaqua realízase en Ourense nas Estacións de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Coiñas e San Francisco, na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Silvouta e a ETAP de Tambre de Santiago e na EDAR de Pontevedra e a ETAP do Lérez. Tal e como reflicte a nota emitida pola compañía “trátase dunha iniciativa de ciencia cidadá que implica aos traballadores na protección da biodiversidade das instalacións a través do avistamento de aves”, chegando a realizar neste ano 2.300 avistamentos de 40 especies distintas.
“O diagnóstico de biodiversidade e implantación de plans de acción nos espazos e instalacións xestionadas, a eliminación do uso de fitosanitarios e pesticidas ou a incorporación de protocolos de actuación fronte a especies exóticas invasoras son outros dos compromisos que as sociedades do grupo Suez comparten dentro do seu estratexia global de Desenvolvemento Sustentable cuxo horizonte é 2021 e ao redor da cal se estruturou o proxecto gañador”, destacan desde Viaqua.
Escribe o teu comentario