Buitrón candidato a dirixir Podemos Coruña

O exsenador por En Marea e membro do Consello Estatal de Podemos presentarase a liderar a secretaría xeral do partido na Coruña, segundo confirman a Galicia Press fontes próximas a Podemos Coruña.


|

O exsenador por En Marea e membro do Consello Estatal de Podemos presentarase a liderar a secretaría xeral do partido na Coruña, segundo confirman a Galicia Press fontes próximas a Podemos Coruña.


Garciabuitron

O exsenador García Buitrón


Fontes próximas a Podemos Coruña confirmaron a este medio que o exsenador de En Marea José García Buitrón presentarase como candidato á secretaría xeral da formación morada na Coruña.


O político, cunha dilatada carreira no mundo da medicina e que fose elixido senador nas eleccións xerais de 2015, postúlase así como unha das persoas que aspiran a liderar a formación na Coruña. O anuncio prodúcese poucas semanas despois de que Antón Gómez-Reino gañase as primarias pola dirección do partido fronte a Carolina Bescansa.


A candidatura supón seguir a liña oficialista de Podemos, despois de que no pasado fose expulsado da dirección cando Carmen Santos era secretaria de Podemos Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE