Expediente á xuíza Pilar de Lara por incrementar ficticiamente o seu traballo

Os continuos atrasos que sofren macrocausas como a Pokemon -que acumulan decenas de imputados e anos de instrución sen avances claros na investigación- meten por vez primeira nun aperto serio á xuíza de Lugo. O órgano de goberno dos xuíces acáballe de abrir un expediente ao fío da inspección que lle fixo esta primavera e que se prolongou máis do previsto.


|

Os continuos atrasos que sofren macrocausas como a Pokemon -que acumulan decenas de imputados e anos de instrución sen avances claros na investigación- meten por vez primeira nun aperto serio á xuíza de Lugo. O órgano de goberno dos xuíces acáballe de abrir un expediente ao fío de a inspección que lle fixo esta primavera e que se prolongou máis do previsto.



Pilardelara


O Promotor de Acción Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) acordou incoar expediente disciplinario á titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, por "atrasos inxustificados" nas súas causas e "decisións que ocasionaron un ficticio incremento do volume de traballo".


Segundo confirmaron fontes xudiciais, o expediente disciplinario ábrese pola suposta comisión dunha falta prevista nos artigos 417.9, 418.11 e 419.3 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que se refire a "desatención ou atrasos inxustificados na instrución de causas penais".


INSPECCIÓN ESTA PRIMAVERA

Do mesmo xeito, tamén considera que se puido cometer unha falta prevista no artigo 418.16 da mesma norma, que se refire a "adoptar decisións que, con manifesto abuso procesual, xeren ficticios incrementos do volume de traballo en relación cos sistemas de medición fixados polo CGPJ".


A incoación do expediente baséase nas actas levantadas polo Servizo de Inspección en relación coa situación do xulgado, entre elas a resultante da inspección extraordinaria realizada entre os pasados 21 e 31 de maio.


PAUS DOS SEUS SUPERIORES

A xuíza Pilar de Lara é a instrutora responsable dalgunhas das macrocausas máis relevantes que se investigaron nos últimos anos en Galicia, como a 'Operación Pokémon', que comezou a investigarse en 2012, ou da 'Operación Carioca', iniciada en 2008.

Así mesmo, leva, entre outros asuntos, unha peza separada da 'Operación Campión'. 


Precisamente por mor deste caso, o letrado Xoán Antón Pérez Lema presentou a mediados deste ano unha denuncia ante o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) por "dilacións indebidas" en relación a un recurso de apelación presentado en outubro de 2017 para pedir o sobresemento no relativo ao seu cliente. Ademais, en varias ocasións tanto a Audiencia Nacional como a Audiencia Provincial han desautorizado varias das súas decisións procesuais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE