O Río Portapego atravesa Touro contaminado e desbordado
As choivas provocaron un aumento no caudal do río, causando un desborde que xa é habitual. As augas do río arrastran contaminación polo seu paso preto da mina.
As choivas provocaron un aumento no caudal do río, causando un desborde que xa é habitual. As augas do río arrastran contaminación polo seu paso preto da mina.
O Portapego desbordado ao seu paso por Touro
O Río Portapego atravesa a localidade de Touro e, como cada outono, desbórdase con facilidade coa chegada das tormentas. En Marea Touro ha denunciado en reiteradas ocasións a ineficacia dos “parches” que o consistorio realizou na canalización do río, polo que esixe solucións para que non se desborde con tanta frecuencia o río ou que, en caso de desbordarse, teña consecuencias menores, xa que o caudal leva consigo as augas contaminadas da mina de Touro.
O grupo En Marea sinala ao alcalde da localidade, Ignacio Codesido, como principal culpable desta situación. “A súa complicidade co rexedor actual da mina Explotacións Galegas permitiu tapar a canle perimetral da mina coa finalidade de urbanizar os terreos”, sostén na nota emitida por En Marea. Por este motivo as augas que pasan preto da mina acaban contaminadas e xeran á súa vez un incremento no caudal do Portapego “moi superior ao seu caudal natural”.
Ademais, En Marea afirma que as actuacións realizadas este verán na canalización do río non contaron coa autorización de Augas de Galicia. Por iso, piden desde o grupo municipal que o concello faga cumprir o plan de restauración da mina para evitar a contaminación das augas do Portapego e que deixe “de gastar diñeiro público en tentar tapar os estragos da empresa propietaria da mina”
Escribe o teu comentario