O PP investigarase a si mesmo na Comsión de Sanidade
Toda a oposición abandona permanentemente a Comisión Parlamentaria que debía investigar os recortes no SERGAS. Así protestan porque o PP blandió a súa maioría absoluta para impoñer que persoas deberían comparecer.
Toda a oposición abandona permanentemente a Comisión Parlamentaria que debía investigar os recortes no SERGAS. Así protestan porque o PP enarborou a súa maioría absoluta para impoñer que persoas deberían comparecer.
Os tres grupos da oposición, En Marea, PSdeG e BNG, abandonaron de forma permanente a comisión de investigación sobre os recortes no sistema sanitario público de Galicia despois de que este mércores o Partido Popular aprobase en solitario o seu plan de traballo.
A oposición abandonou a sala nunha tensa sesión na que o PP chegou a presentar unha proposta de transacción do plan de traballo, que a oposición non chegou a aceptar por non deixar que os grupos expuxesen que comparecentes dos que eles propuxeran ían incluír.
Tras dous recesos para negociar que resultaron infrutuosos, os deputados do grupo maioritario aprobaron o seu plan inicial, que a oposición considera que só serve para "facer propaganda" da xestión sanitaria do PP.
Escribe o teu comentario