Viaqua aposta pola experiencia e o talento con Ategal
A compañía xestora integral de augas asina un convenio con Aulas Sénior de Galicia para subvencionar o proxecto ‘Talento Sénior. Liderando a miña saúde. Pautas para ter unha saúde de cinema’.
A compañía xestora integral de augas asina un convenio con Aulas Sénior de Galicia para subvencionar o proxecto ‘Talento Sénior. Liderando a miña saúde. Pautas para ter unha saúde de cinema’.
Unha traballadora de Viaqua xunto a unha señora
A idea é que este proxecto supoña unha transición doce cara á xubilación. Esa transición realizarase mediante unha serie de actividades que dotarán aos asistentes dunhas ferramentas para prepararse nesta nova etapa. Desta forma, o proxecto englóbase dentro do plan de ambas as entidades de “coidar innovando e ofrecendo pautas para o empoderamiento e autogestión da saúde”.
O proxecto constará de seis talleres no ámbito da saúde e celebrarase de xaneiro a maio de 2019. Os talleres cursaranse nas sedes de Ategal de Santiago e Ourense e Saraiva de Pontevedra. A particularidade engadida é que os talleres tamén están destinados aos traballadores e traballadoras das empresas participantes, non só aos usuarios de Ategal e Saraiva. Na firma estará presente Xullo Maside, xerente de Viaqua Galicia, e tanto o presidente como a vicepresidenta de Ategal, Anxo Fagilde Trabada e Paula Sande.
Escribe o teu comentario